Os nenos e as nenas de Primeiro Ciclo do CPI Domingo Fontán dámosvos a benvida!
Mostrando entradas con la etiqueta plantas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta plantas. Mostrar todas las entradas

XARDINEIRAS E XARDINEIROS

Hai xa uns cantos días estivemos plantando distintas sementes de plantas primaverais (que florecen na primavera).

Para este traballo tivemos que ensuciarnos un pouco as mans, pero pasámolo moi ben. E como xa pasou un tempiño, desde que as plantamos, podemos adiantarvos que xa están medrando ben bonitas.

Cando florezan, e estean preciosas, xa vólas ensinaremos!!!

Estas son fotos do noso duuuuroooo traballooooo!!





A verdade é que non nos ensuciamos tanto, e non queremos facer publicidade de ningún producto pero é de boa calidade. Por iso sae nas fotos.

EXPERIMENTO CON GARAVANZOS

Este mes estivemos estudando as plantas. Fixemos un experimento cuns garavanzos. Con esta proba puidemos comprobar cales son as necesidades básicas das plantas.

Para poder facer o experimento tivemos que poñer en remollo durante un par de días a semente (xa que estaba seca).

O seguinte paso foi humedecer un pouco de algodón, xa que a semente precisa humidade.




E por último, xa cubrimos os nosos garavanzos co algodón e puxémolos nunha botella de plástico para poder ver perfectamente como lle van saíndo as raíces, o talo e as follas.


A partir de agora temos que ir observando como lle van medrando as raíces, o talo e as follas. Para iso, temos que ir contando os días que pasan e anotar no caderno cando lle van nacendo as distintas partes.

E así foi quedando a nosa plantación de garavanzos. E nós máis chulos e chulas que os garavanzos!!!






DENTRO DUN TEMPIÑO, XA VOS ENSINAREMOS COMO PRANTAMOS DISTINTOS BULBOS DE PLANTAS PRIMAVERAIS EN MACETIÑAS!!