Para poder facer o experimento tivemos que poñer en remollo durante un par de días a semente (xa que estaba seca).
O seguinte paso foi humedecer un pouco de algodón, xa que a semente precisa humidade.
E por último, xa cubrimos os nosos garavanzos co algodón e puxémolos nunha botella de plástico para poder ver perfectamente como lle van saíndo as raíces, o talo e as follas.
A partir de agora temos que ir observando como lle van medrando as raíces, o talo e as follas. Para iso, temos que ir contando os días que pasan e anotar no caderno cando lle van nacendo as distintas partes.
E así foi quedando a nosa plantación de garavanzos. E nós máis chulos e chulas que os garavanzos!!!
DENTRO DUN TEMPIÑO, XA VOS ENSINAREMOS COMO PRANTAMOS DISTINTOS BULBOS DE PLANTAS PRIMAVERAIS EN MACETIÑAS!!