INTRODUCCIÓN:
Todos os animais que existen no noso planeta Terra teñen algo en común. Como todos os seres vivos nacen, aliméntanse, medran, desplázanse, teñen crías e morren.
As tarefas que tendes que facer son as seguintes:
1.- Buscade información sobre 2 mamíferos e 2 aves: como nacen, onde viven, que comen, como se chaman as súas crías, etc.
2.- Contestade o cuestionario seguinte:
- Os mamíferos nacen dun ovo?
- Hai algún mamífero que poida voar?
- De que está cuberto o corpo de gran parte de mamíferos e aves?
- O pingüín é una ave? Por que?
- O golfiño é un mamífero? Por que?
- En que se diferencian os mamíferos as aves?
- En que se parecen os mamíferos e as aves?
PROCESO:
Primeiro paso: debedes traballar por parellas.
Segundo paso: o que necesitades é coñecer un pouco máis aos mamíferos e ás aves. Para iso as profes facilitámosvos máis abaixo unha serie de sitios onde podedes atopar moita información sobre o tema.
Terceiro paso: se o lestes todo ben, estades preparados e preparadas para contestar ás preguntas do cuestionario.
Como se desprazan :
Onde viven:
Nome das crias:
Para divertirvos un pouco:
http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/a/01/animaciones/a_fa09_00a.htmlhttp://ares.cnice.mec.es/ciengehi/a/01/animaciones/a_fa09_00a.html
http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/SEGUNDO/datos/03_cmedio/03_Recursos/actividades/03/act3.htm
http://clic.xtec.cat/db/jclicApplet.jsp?project=http://clic.xtec.cat/projects/aves/jclic/aves.jclic.zip&lang=es&title=Jugamos+con+los+animales
AVALIACIÓN:
Mal
|
Regular
|
Ben
| |
Acertos
|
Menos de 2 preguntas ben contestadas
|
Entre 2 e 4 preguntas ben contestadas
|
Máis de 4 preguntas ben contestadas
|
Actitude
|
A parella non amosa interese na actividade
|
A parella amosa interese a ratos
|
A parella amósase entusiasmado
|
Presentación
|
A presentación é mala e sen imaxes
|
A presentación é ou mala o usen imaxes
|
A presentación é boa e ten imaxes
|
CONCLUSIÓNS:
Imos a facervos unhas preguntiñas:
1ª.- Aprendestes cousas novas sobre os mamíferos e as aves?
2ª.- Saberiades dicir tres diferencias entre mamíferos e aves?
3ª.- Participástedes os dous no traballo?
4ª.- Divertístesvos traballando?
5ª.- Resultouvos fácil aprender con estas actividades?
Se contestaches que sí polo menos a 4 das preguntas PARABENS!!, o esforzo mereceu a pena.