Os nenos e as nenas de Primeiro Ciclo do CPI Domingo Fontán dámosvos a benvida!

XARDINEIRAS E XARDINEIROS

Hai xa uns cantos días estivemos plantando distintas sementes de plantas primaverais (que florecen na primavera).

Para este traballo tivemos que ensuciarnos un pouco as mans, pero pasámolo moi ben. E como xa pasou un tempiño, desde que as plantamos, podemos adiantarvos que xa están medrando ben bonitas.

Cando florezan, e estean preciosas, xa vólas ensinaremos!!!

Estas son fotos do noso duuuuroooo traballooooo!!





A verdade é que non nos ensuciamos tanto, e non queremos facer publicidade de ningún producto pero é de boa calidade. Por iso sae nas fotos.